feb 08

Remata a campaña da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, A nosa compra en galego, cunha participación do cen por cen  entre os comerciantes dos mercados.

Esta campaña, que tiña como obxectivo fomentar o uso do galego nos mercados municipais coruñeses e a recuperación das formas tradicionais de compra e venda, repartiu 8500 cadernos da listaxe da compra entre os clientes dos mercados e 275 dicionarios sobre a linguaxe do comercio aos vendedores.

Ademais, revalorizou os mercados como lugar de transmisión cultural achegando formas artísticas como a danza ao Mercado Municipal das Conchiñas, a música ao de Santo Agostiño e a poesía ao Mercado da Praza de Lugo. Neste último, a acción poético- sonora “falar e andar cos mesmos pés”, desenvolvida por David e Estevo Creus xunto ás bailarinas Marta Alonso e Paulina Funes, contou con unha especial participación dos comerciantes que, durante 45 minutos, gozaron dos novos conceptos multimedia de creación poética e desprazáronse, xunto aos artistas, polos distintos recintos do mercado municipal.

Para ver máis imaxes sobre o espectáculo de danza no Mercado Municipal das Conchiñas, o concerto de Lucía Aldao no Mercado Municipal de Santo Agostiño e o acto poetico- sonoro da compañía "Non ou", preme aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
feb 08

O día 3 de febreiro de 2010 desenvolveuse o acto de entrega dos premios Falamos para primaria.

Xoán Costa, presidente da Asociación Socio Pedagóxica Galega, leu a acta do xurado e presentou o cuarteto, Cántigas da Terra, que amenizou o evento.

A continuación, os alumnos de quinto e sexto de educación primaria do CEIP Sanjurjo de Carricarte escenificaron un fragmento do proxecto "Faladoiros" co que obtiveron o primeiro premio.

Para finalizar, Ermitas Valencia, concelleira de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, procedeu a entregar, aos centros gañadores, os diplomas acreditativos e unha reprodución da Torre de Hércules, feita en cerámica de Sargadelos. Así mesmo, Xoán Costa fixo efectiva a contía económica dos premios.

Primeiro premio: CEIP Sanjurjo de Carricarte

Segundo premio: CEIP María Pita

Terceiro premio: CEIP Manuel Murguía

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e a Asociación Socio Pedagóxica Galega agradeceron a alta participación rexistrada nesta convocatoria e salientan a rigorosidade e calidade do traballo efectuado polas equipas de normalización lingüística dos centros educativos coruñeses.

Para ver máis imaxes sobre o acto, preme aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 20

A nosa compra en galego pretende promover entre os/as usuarios/as e os/as comerciantes dos mercados o uso da lingua galega achegando o léxico galego dos produtos que normalmente están á venda nun mercado.

Ademais, tenta poñer de relevo a importancia da recuperación e valoración positiva das formas tradicionais de compra e venda na Coruña achegando representacións culturais e expresións artísticas aos recintos dos mercados.

anosacompraengalego

Un dos alicerces dunha lingua en todas as culturas é a transmisión do corpus lexicográfico entre xeracións. Dada a riqueza do noso patrimonio e a perda, en moitos casos, desta transmisión familiar, propoñemos difundir entre a poboación coruñesa a herdanza cultural que lle pertence.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña elaborou uns cadernos con dupla finalidade: por unha banda conteñen unhas follas en branco que permiten elaborar unha listaxe da compra e, por outra, recollen o léxico de uso máis frecuente na actividade dos mercados.

Estes cadernos teñen como obxectivo o achegamento aos usuarios das formas tradicionais galegas da nomenclatura asociándoo a un elemento utilitario da vida cotiá.

dicionariocomercio

A Federación Galega de Comercio colabora coa Concellaría de Normalización aportando os dicionarios ilustrados que serán repartidos entre os comerciantes que participen na campaña de dinamización, como mostra de gratitude pola súa colaboración e, ademais, para facilitar a consulta lingüística se for preciso.

Ademais, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza diversas actuacións artísticas e culturais nos recintos dos mercados. Estes espectáculos tentan promover a valoración dos recintos dos mercados como medio de transmisión cultural e da lingua galega.

Programa:

•    Sábado 23 de xaneiro de 2010, ás 12.00 h, no Mercado Municipal das Conchiñas, espectáculo de danza da bailarina Begoña Cuquejo.
•    Sábado 30 de xaneiro de 2010, ás 12.00 h, no Mercado Municipal de Santo Agostiño, espectáculo de música da artista Lucía Aldao.
•    Sábado 6 de febreiro de 2010, ás 12.00 h, no Mercado Municipal da praza de Lugo, espectáculo de poesía do escritor Estevo Creus.

Para máis información, preme aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 20

O xurado formado por Xoán Costa Casas (Presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega), Nuria Seoane Bouzas (técnica de Normalización Lingüística do Concello da Coruña) e Elisabet Ríos Liste (filóloga) acordan conceder os tres premios contemplados nas bases do Certame a:

- 1º premio: CEIP Sanjurjo de Carricarte

- 2º premio: CEIP María Pita

- 3º premio: CEIP Manuel Murguía

sanjurjodecarricarte

A data do acto de entrega dos premios comunicarase aos centros galardoados e publicarase oportunamente coa debida antelación.

Noraboa aos premiados e aos centros participantes pola alta calidade e interese das súas propostas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 20

O xurado  composto por Xoan Costa Casas, presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Núria Seoane Bouzas, técnica de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e Elisabet Ríos Liste, filóloga, reuníuse o martes 19 de xaneiro de 2010 para seleccionar os traballos presentados nesta convocatoria.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 19

A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña convocou o Certame de Debate Falamos, que ten por obxecto difundir o galego entre os nosos mozos e mozas. Esta actividade pretende promover o uso do galego a través do diálogo e a confrontación de ideas en público, como exercicio de convivencia e de adquisición de habilidades persoais imprescindíbeis para o desenvolvemento pleno da persoa (busca de información, expresión oral, traballo en equipo, respecto e tolerancia).

2

Os debates realizáronse entre os equipos inscritos e só dous equipos alcanzaron a fase final.

1

O debate consistiu na confrontación de argumentos entre dous equipos para defenderen a posición,  a favor ou en contra, sobre o tema:  Galego: un dereito ou un deber?

3

O premio a mellor orador foi para David Lombardía Fernández, do IES Monte das Moas.

5

E  Sonia Martínez Rilo, do IES As Mariñas,  logrou o segundo.

6

Dos 8 equipos que competiron ao longo do día, resultaron finalistas o IES As Mariñas de Betanzos e o IES Monte da Moas da Coruña. Celebrado o debate final resultou vencedor o IES As Mariñas, quedando en segundo lugar o IES Monte das Moas.

7

Noraboa aos gañadores e a todos os participantes.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 19

O 15 de xaneiro de 2010 no CEIP Labaca.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 18

1

O xoves 14 de xaneiro esta actividade desenvolveuse no CEIP Manuel Murguía de Feáns.

45

O 15 de xaneiro de 2010 realizouse no CEIP Labaca.

6

2

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 13

O sábado 16 de xaneiro comeza, un ano máis, o ciclo de cinema en galego 14 pelis para os peques que se desenvolverá todos os sábados até o 24 de abril no Museo de Arte Contemporanea Gás Natural-Unión Fenosa.

ciclomacufxaneiro1

O ciclo comeza co filme Space Jame e dará paso a 14 sesións de balde coas que se pretende achegar a lingua galega aos máis novos mantendo unha programación estable de cinema infantil en galego.

ciclomacufxaneiro2

Entre os títulos atópanse longametraxes clásicos como Asterix, Tintin, Lucky Luk, o can Hackleberry ou Robin Hoodnik, Doraemon ou Os osos amorosos.

ciclomacufxaneiro3

Para descargar o pdf coa programación preme aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 13

Cantamos en galego é un proxecto que se desenvolve grazas a iniciativa de Cantigas da Terra e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

A Concelleira de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, Ermitas Valencia, destacou que “todos os nenos e nenas de todos os países e culturas do mundo cantan na súa lingua cantigas gardadas dous seus devanceiros e dada a riqueza do noso patrimonio e a perda en moitos casos desata transmisión, a Concellaría propón compartir, difundir e facer partícipes aos nenos e nenas coruñeses dun patrimonio lingüístico e musical que lles pertence”.

Os obxectivos desta actividade céntranse en conseguir que os nenos/as de entre 10 e 11 anos, canten en galego aprendendo pezas recollidas nos primeiros anos do século XX e que forman parte do arquivo de Cántigas da Terra asociando ademais a lingua e a música propias de Galicia con actividades lúdicas e culturais. Con esta iniciativa faise un achegamento dos nenos/as ás diferentes formas musicais propias de Galiza (maneo, alalá, pandeirada e foliada).

A actividade desenvolverase o vindeiro xoves 14 de xaneiro nos CEIP Manuel Murguía e Sanjurjo de Carricarte e o venres 15 de xaneiro no CEIP Víctor López Seoane. Contará cunha participación dun total de 150 nenos e nenas de entre 10 e 11 anos.

A ferramenta fundamental será un karaoke a través do cal os nenos/as se familiarizarán coa música tradicional. Unha vez aprendidas as letras, cantarán xunto cos instrumentos en directo do grupo musical que acompañará aos participantes na actividade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 13

O venres 15 de xaneiro terá lugar o certame de debate  Falamos na ETS Náutica en horario de 8.30 a 20.00 horas e na que participarán oito equipas pertencentes aos centros: IES As Maniñas e IES Francisco Aguiar de Betanzos, CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral, IES Monte das Moas e Ramón Menéndez Pidal e o Colexio Escravas do Sagrado Corazón da Coruña. O tema deste ano é: O galego: un dereito ou un deber?
Falamos
Unha das novidades este ano é a fórmula de competición xa que se procura fomentar a convivencia entre as equipas participantes polo que só haberá un debate por quenda e non dous simultáneos como o ano pasado.
Os premios serán unha viaxe a Lisboa de catro días para 5 persoas pertencentes a equipa gañadora como primeiro premio, un mp4 para cada un dos compoñentes do segundo mellor equipo e un netbook para o mellor orador.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xan 12

Aberto o prazo de solicitude para os cursos Celga na Coruña.

Celga 1
Código: CL1201015030001
Lugar: Escola Oficial de Idiomas
Rúa Pepín Rivero, s/n
Data comezo: 11 de marzo
Horario: 11.00-13.30
Días: luns a xoves
Código: CL1201015030005
Lugar: CEIP Ramón de la Sagra
Rolda Camilo Xosé Cela, 4, Elviña
Data comezo: 11 de marzo
Horario: 18.30-20.30
Días: luns a xoves
Celga 2
Código: CL2201015030002
Lugar: Escola Oficial de Idiomas
Rúa Pepín Rivero, s/n
Data comezo: 11 de marzo
Horario: 11.00-13.30
Días: luns a xoves
Código: CL2201015030006
Lugar: CEIP Ramón de la Sagra
Rolda Camilo Xosé Cela, 4, Elviña
Data comezo: 11 de marzo
Horario: 18.30-20.30
Días: luns a xoves
Celga 3
Código: CL3201015030003
Lugar: Escola Oficial de Idiomas
Rúa Pepín Rivero, s/n
Data comezo: 11 de marzo
Horario: 11.00-13.30
Días: luns a xoves
Código: CL3201015030007
Lugar: CEIP Ramón de la Sagra
Rolda Camilo Xosé Cela, 4, Elviña
Data comezo: 11 de marzo
Horario: 18.30-20.30
Días: luns a xoves
Celga 4
Código: CL4201015030004
Lugar: Escola Oficial de Idiomas
Rúa Pepín Rivero, s/n
Data comezo: 11 de marzo
Horario: 11.00-13.30
Días: luns a xoves
Código: CL4201015030008
Lugar: CEIP Ramón de la Sagra
Rolda Camilo Xosé Cela, 4, Elviña
Data comezo: 11 de marzo
Horario: 18.30-20.30
Días: luns a xoves

Contido dos cursos e prazos de solicitude
O contido dos cursos axústase aos obxectivos, ao programa e mais ao contido curricular establecidos para cada un dos catro niveis Celga. Os prazos de presentación das solicitudes para asistir a estas actividades formativas varía en función do inicio de cada unha das quendas de programación dos cursos. Así, as persoas que desexen participar nos cursos programados entre os meses de marzo e xuño poderán inscribirse ata o 10 de febreiro. Aqueles que estean interesados en realizar os cursos nos meses de xullo e agosto terán de prazo ata o día 21 de xuño, mentres que os que queiran facelo en setembro, outubro e novembro poderán inscribirse ata o 10 de setembro. No caso dos colectivos, entidades e/ou organizacións que pretendan organizar cursos entre os meses de abril e novembro deste ano poderán presentar as súas solicitudes ata o próximo día 27 de febreiro.

Para máis información preme aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
dec 26

Luns 28
17.00 h
Cinema infantil: "Soño dunha noite de San Xoán" (A.VV. Bens).
Obradoiro de agasallos de refugallo (Centro Cívico de Labañou).
Obradoiro de agasallos de refugallo (Centro Cívico de Palavea).

18.00 h
Cinema infantil: "Espírito do bosque" (Colexio Curros Enríquez de Monte Alto).

18.30 h
O Apalpador visita Bens (A.VV. Bens).

20.00 h
O Apalpador visita Labañou (Centro Cívico de Labañou).

Martes 29
17.00 h
Obradoiro de agasallos de refugallo (A.VV. Agra do Orzán. Rúa Entrepenas, 38, soto).
Obradoiro de agasallos de refugallo (A.VV. Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules).
Cinema infantil: "Donkey Xote" (Centro Cívico de Palavea).

18.30 h
O Apalpador visita Palavea (Centro Cívico de Palavea).

20.00 h
O Apalpador visita Monte Alto (A.VV. Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules).

Mércores 30
17.00 h
Cinema infantil: "Nocturna" (A.C. Manicómicos. Rúa Andrés Gaos, 16, baixo).
Cinema infantil: "Pérez 2" (Centro Cívico de Labañou).
Obradoiro de agasallos de refugallo (Asociación Tempo Novo de Elviña).
Obradoiro de agasallos de refugallo (Centro Cívico de Feáns).

18.30 h
O Apalpador visita a Agra do Orzán (A.C. Manicómicos. Rúa Andrés Gaos, 16, baixo).

20.00 h
O Apalpador visita Elviña (Asociación Tempo Novo de Elviña).

Xoves 31
12.00 h
Obradoiro de agasallos de refugallo (A.VV. Bens).
Cinema infantil: "Pérez" (Colexio Manuel Murguía de Feáns).

13.30 h
O Apalpador visita Feáns (Colexio Manuel Murguía de Feáns).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
dec 26

Este Nadal o Apalpador visitará sete barrios da cidade

A Concellaría de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística ten previsto unha programación de actividades, durante as vacacións de Nadal, dirixidas aos máis pequenos da casa.

Os obxectivos destas actividades é proporcionar aos pais e nais un ocio de calidade e en galego para os seus fillos e fillas. Ademais, achegaremos a figura do Apalpador, personaxe lendaria da tradición galega que achega os agasallos aos nenos/as polas datas de Nadal,  e visitará sete barrios da cidade (Monte Alto, Bens, Palavea, Labañou, Sagrada Familia, Feáns e Elviña).

Apalpador00

O Apalpador é un xigante de oficio carboeiro que baixa das devesas e apalpa as barriguiñas dos cativos. Se estan cheas di: “así, así esteas todo o ano” e deixalles unha presa de castañas e un agasallo.

Ademais, faranse sete proxeccións en pantalla grande  de películas para os máis novos. Un bo exemplo do mellor cine de animación que se está a facer en Galiza. Os filmes que se proxectarán son: ‘O Espírito do Bosque’, ‘Soño dunha noite de San Xoán’, ‘Donkey Xote’, ‘Pérez 2’, ‘Nocturna’ e ‘Pérez’.

Tamén se realizarán obradoiros de agasallos. Os nenos e nenas poderán facer os agasallos de Nadal coas suas propias mans utilizando materiais de refugallo. Este obradoiro ten como obxectivo promover a creatividade e educar no coidado ao medio ambiente e ao non consumismo.

Todas as actividades son de balde e non precisan inscrición previa. Os nenos e nenas que asistan á visita do Apalpador no seu barrio recibirán un exemplar da edición especial para o Concello da Coruña do libro  O Apalpador.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
dec 23

tarxeta

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
dec 23

Xesús Taboada Chivite refire o costume que denomina "a noite de apalpadoiro" e que consiste en palpar o ventre das persoas na noite de fin de ano por ver se comeron ou non para todo o ano que entra. Semellantes testemuños a este procedentes de diferentes lugares da montaña de Lugo refiren o mesmo hábito, ou rito, denominado "apalpadoiro" ou "apalpadoira" que se facía na noite de fin de ano. Consistía en apalpar o ventre, sobre todo o de nenos e nenas, para saber se comeron o suficente para que o ano que entra non sexa de fame, senón de fartura.

ler máis aquí .

Fina de Ferramulin falanos do Apalpadoiro, que é como lle chaman nesta parte do Courel ao Apalpador.

A tradición, recollida por José André Lôpez Gonçález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como Olentzero o Pai Inverno ou o propio Papá Noel.

ler máis aquí, aquí e aquí.

Se queredes escribirlle ao Apalpador aquí hai unha serie de modelos de cartas así coma adhesivos, tarxetas e láminas para colorear.

etiqueta apalpador

 

E se vos gustou a  postal de felicitación  do SNL do Concello da Coruña pódese descargar premendo aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
dec 23

O venres 18 de decembro de 2009 o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña entregou os premios do I Concurso de Postais de Nadal nas diferentes categorías.

O acto presidido por Ermitas Valencia, concelleira de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, contou cunha importante participación dos familiares e amigos dos creadores das postais.  O Servizo de Normalización desexa agradecerlles publicamente a asistencia a este evento así coma aos mestres/as e aos directores/as dos centros que nos acompañaron neste acontecemento.

Ademais, o Servizo de Normalización  deixa constancia da súa gratitude ás persoas responsables do Centro Comercial Dolce Vita, onde se mantén a exposición até o día 5 de xaneiro de 2010, tanto pola organización do concurso como pola colaboración na entrega de premios.

Os gañadores nas diferentes categorías son os seguintes:

1. Categoría A (nenos e nenas de 3 e 4 anos): Francisco José Carballeira do Colexio Karbo, Andrés Iglesias do CEIP Labaca e Julián Seijas do CEIP María Pita.

2. Categoría B (nenos e nenas de 5 a 7 anos): Pedro Sánchez do Colexio Obradoiro, Santiago López do CEIP San Francisco Javier e Natalia Rodríguez do CEIP Zalaeta.

3. Categoría C (nenos e nenas de 8 a 10 anos): Iván Guerra do CEIP Ramón da Sagra, Moncho Di Piazza do CEIP Sanjurjo de Carricarte e Iago Cruz do CEIP Wenceslao Fernández Flórez.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña agradece a todos os centros a participación no I Concurso de Postais de Nadal e anima a visitar a exposición na que se pode comprobar a alta calidade das postais dos pequenos artistas coruñeses.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
dec 16

O xurado formado por Nuria Seoane (técnica de normalización lingüística do Concello da Coruña), Patricia Lesta (técnica de mocidade do Concello da Coruña) e Javier Moreno (xerente do Centro Comercial Dolce Vita), resolveu outorgar os premios do I Concurso de Postais de Nadal organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, nas súas diferentes categorías, aos traballos seguintes:

Categoría A (nenos e nenas de 3 e 4 anos)

-    Francisco José Carballeira do Colexio Karbo

Categoría A - Colexio Karbo

-    Andrés Iglesias do CEIP Labaca

Categoría A - CEIP Labaca

-    Julián Seijas do CEIP María Pita

categoria a - mariapita

Categoría B (nenos e nenas de 5 a 7 anos)

-    Pedro Sánchez do Colexio Obradoiro

Categoría B - Colexio Obradoiro

-    Santiago López do CEIP San Francisco Javier

Categoría B - CEIP San Francisco Javier

-    Natalia Rodríguez do CEIP Zalaeta

Categoría B - CEIP Zalaeta

Categoría C (nenos e nenas de 8 a 10 anos)

-    Iván Guerra do CEIP Ramón da Sagra

Categoría C - CEIP Ramón da Sagra

-    Moncho Di Piazza do CEIP Sanjurjo de Carricarte

Categoría C - CEIP Sanjurjo de Carricarte

-    Iago Cruz do CEIP Wenceslao Fernández Flórez

Categoría C - CEIP Wenceslao Fernández Flórez

A entrega de premios terá lugar o próximo día venres 18 de decembro ás 18.00 h no Salón Nobre do Pazo Municipal do Concello da Coruña. No acto participará a concelleira de Normalización Lingüística, Ermitas Valencia.
As postais gañadoras poden verse no Centro Comercial Dolce Vita, onde permanecerán expostas até o 5 de xaneiro de 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
dec 16

O Consello da Xuventude de Galicia presenta a guía O noso Nadal, galego e verde, para animar a cidadanía a vivir un Nadal en galego, solidario e respectuoso co medio.

Coa edición da guía O noso Nadal, galego e verde o CXG pretende animar a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas respectando o medio e as tradicións.

Nadal_Galego_Verde_2009

A guía consta de dúas partes diferenciadas: a guía de galego e a guía verde.

A parte de galego contén artigos de Séchu Sende, Paula Carballeira, Marcus Fernández e o equipo responsable do proxecto Orella Pendella. Ademais, inclúe unha serie de recomendacións para agasallar produtos culturais en galego e información sobre diferentes roteiros literarios.

A parte verde contén artigos de María Carmen Fidalgo (Amarante), Juan Marcos Pérez Gulín (Fundación Galicia Sustentable), Xosé María García Villaverde (Verdegaia), Rebeca Carreiro (Amigos da Terra) e Adrián Serantes (proxecto Xanela aberta). Ademais, inclúe información sobre As termas de Bande, un lugar de interese.

A guía tamén inclúe dous menús tradicionais completos para degustar nestas festas (menú 1: coliflor con bacallau, carne asada e anguía de mazapán; menú 2: sopa de allo, ollomol ao forno e compota de mazá e pera ao viño tinto), elaborados por Marta Xen, e un menú vexetariano (cebolas asadas con queixo de cabra, berenxenas recheas e torta de mazás e noces).

Para descargar o pdf preme aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
dec 14

Este ano ofrecemos unha serie de ideas para agasallar en galego aos máis pequenos.

O Apalpador, de Xoán G., recolle a tradicióndun personaxe que agasalla aos nenos na noite

do 24 de decembro.

B041NN09.indd

Libros singulares cheos de música ou tradicións como estes.

O SNL do Concello de Cerceda elaborou unha guía de agasallos en galego co nome Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego

Tamén o SNL do Concello de Redondela mostran algunhas interesantes creacións de editoriais, produtoras de audiovisual e empresas que xogan coa parte máis lúdica e creativa da edición, e que apostan pola nosa lingua. Preme aquí para ver as recomendacións.

Ademais, os rapaces do CPI Vicente Otero Valcárcel un orixinal catálogo de agasallos.

Se procuras xoguetes podes encontrar ideas aquí e aquí, filmes aquí ou música premendo nesta ligazón.

chorei300

E para os mozos e mozas tamén encontramos aquí unha manchea de propostas.

E lembra: Este Nadal, agasalla en galego!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google