A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, en colaboración coa Concellaría de Cultura, presentan o programa de actividades «O galego medra contigo», que imos desenvolver este ano para festexarmos as Letras Galegas.
Durante todo o mes de maio, unha carpa móbil percorrerá diferentes puntos da nosa xeografía para que os máis pequenos/as poidan gozar en familia cun amplo programa de actividades, que inclúe concertos, monicreques…
Ademais das actividades na carpa móbil, a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística tamén vai realizar outras o sábado 16 de maio no parque de Santa Margarida: torneos de chave e billarda e concertos de Chámalle Xis, Sonoro Maxín e Berri Txarrak
O programa comeza este sábado 2 de maio no Campo da Leña coas actividades seguintes:
- 11:00 h Animación na rúaz a cargo da A.C. Manicómicos
- 11:45 h Xogos
- 12:45 h Actuación musical: Cancións para Antía
- 17:00 h Teatro de monicreques: Albrizaras, da compañía de teatro Falcatrúa
- 18:15 h Actuación musical de Mama Cabra
Se desexa consultar as diferentes actividades e localizacións da carpa nas semanas seguintes, pode facelo nesta ligazón.
Ademais, para alén destas carpas, ao longo do mes de maio haberá diferentes e moi variadas actividades na nosa cidade, cuxo programa pode consultar nesta e mais nesta ligazón
.
