Cantamos en galego é un proxecto que se desenvolve grazas a iniciativa de Cantigas da Terra e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.
A Concelleira de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, Ermitas Valencia, destacou que “todos os nenos e nenas de todos os países e culturas do mundo cantan na súa lingua cantigas gardadas dous seus devanceiros e dada a riqueza do noso patrimonio e a perda en moitos casos desata transmisión, a Concellaría propón compartir, difundir e facer partícipes aos nenos e nenas coruñeses dun patrimonio lingüístico e musical que lles pertence”.

Os obxectivos desta actividade céntranse en conseguir que os nenos/as de entre 10 e 11 anos, canten en galego aprendendo pezas recollidas nos primeiros anos do século XX e que forman parte do arquivo de Cántigas da Terra asociando ademais a lingua e a música propias de Galicia con actividades lúdicas e culturais. Con esta iniciativa faise un achegamento dos nenos/as ás diferentes formas musicais propias de Galiza (maneo, alalá, pandeirada e foliada).
A actividade desenvolverase o vindeiro xoves 14 de xaneiro nos CEIP Manuel Murguía e Sanjurjo de Carricarte e o venres 15 de xaneiro no CEIP Víctor López Seoane. Contará cunha participación dun total de 150 nenos e nenas de entre 10 e 11 anos.
A ferramenta fundamental será un karaoke a través do cal os nenos/as se familiarizarán coa música tradicional. Unha vez aprendidas as letras, cantarán xunto cos instrumentos en directo do grupo musical que acompañará aos participantes na actividade.
Xaneiro 14th, 2010 ás 12:31 a.m.
parabens unha vez máis polas actividades programadas!
q será das coruñesas/es galegofalantes cando cambie o goberno :s
un saúdo
Xaneiro 14th, 2010 ás 12:32 a.m.
o concello queria dicir…