Xul 26
Tedes aquí un resumo audiovisual das actividades teatrais e musicais de O galego medra contigo! que se desenvolveron nos centros cívicos de Labañou, Novo Mesoiro e Castrillón, no centro social Sagrada Familia, no Campo de Marte e na Biblioteca González Garcés. Como podedes ver os nenos e as nenas xunto ás súas familias gozaron coa representación teatral de Paula e as palabras que levou o vento a cargo de Bululú Teatro e os concertos musicais de Pablo Díaz, Almudena Janeiro e Mamá Cabra. Tamén se recolle o concerto que o sábado 15 se levou a cabo no Parque de Santa Margarida con música de Trapalhada, Fracasados de Antemano e Obrint Pas.