Está aberto o prazo para matricularse, até o 10 de setembro, nos cursos preparatorios para os diferentes niveis de Celga. Todos os cursos son gratuítos e comezarán o 29 de setembro cunha duración de 75 horas. Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña manifestamos a nosa satisfación pola boa acollida que estes cursos teñen na nosa cidade. Só no 2010 máis de 500 persoas realizaron cursos presenciais de galego, sendo a cidade galega na que máis persoas estudaron a nosa lingua durante este ano.
Os cursos de Celga 1 celebraranse no CEIP Ramón de la Sagra, no barrio de Elviña, de luns a xoves, das 18.30 ás 20.30 h. A persoa que supere o Celga 1 posuirá un dominio da lingua xeral que lle permita satisfacer as necesidades máis primarias de comunicación. É o nivel máis básico.
Os cursos de Celga 2 celebraranse no CEIP Ramón de la Sagra, no barrio de Elviña, de luns a xoves, das 18.30 ás 20.30 h. A persoa que supere o Celga 2 posuirá un dominio da lingua que lle permita participar con relativa seguridade e eficacia en distintas situacións de comunicación cotiá, do traballo e do estudo, que requiran un uso da lingua fundamentalmente previsible.
Os cursos de Celga 3 celebraranse no CEIP Ramón de la Sagra, no barrio de Elviña, de luns a xoves, das 18.30 ás 20.30 h. A persoa que supere o Celga 3 posuirá un dominio da lingua que lle permita intervir nun conxunto variado de situacións de comunicación, cun nivel alto de coñecemento da escrita.
Celga 4 celebraranse no CEIP Ramón de la Sagra, no barrio de Elviña, de luns a xoves, das 18.30 ás 20.30 h. A persoa que supere oCelga 4 será capaz de comprender unha ampla variedade de textos orais e escritos extensos e cun alto nivel de dificultade.
A inscrición destes cursos realízase no Rexistro Administrativo de Monelos (praza de Luís Seoane, s/n), presentando o modelo de solicitude, que lle facilitarán no mesmo rexistro. Os cursos son gratuitos e comezarán o 29 de setembro.
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/cursos_celga_11012010.pdf