Dec 01

EXPOSICIÓN: TOPONIMIA GALEGA CASTELANIZADA, na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panadeiras, 12, do 2 ao 31 de decembro

Case tres décadas despois da publicación da Lei de normalización lingüística que recolle que a toponimia de Galicia terá como única forma oficial a galega e que os poderes públicos velarán polo cumprimento desta lei, seguimos observando por toda a xeografía galega centos de indicadores toponímicos, responsabilidade das diferentes administracións, que exhiben aberrantes castelanizacións que perviven desde a etapa predemocrática, de profunda hostilidade coa lingua galega, e realizadas sen o máis mínimo criterio filolóxico. A vixencia a día de hoxe de formas como El Bollo, La Rúa, Villatuje, La Coruña, etc. é unha mostra clara da falta de normalidade que aínda sofre a nosa lingua.

O obxectivo fundamental desta exposición dirixida e coordinada polo Equipo de Normalización Lingüística do IES Rafael Puga Ramón é denunciar a situación de deixadez e abandono por parte das diferentes administracións acerca deste tema, e sensibilizar á cidadanía na loita por conquistar os usos que lle corresponden á nosa lingua.

Esta exposición conta cunha UNIDADE DIDÁCTICA para poder traballar os seus diferentes contidos cos diferentes niveis educativos de secundaria.

Consulta o Programa completo da Actividade.

Visita fotográfica á Exposición.

visita

Chuzame! A Facebook A Twitter

4 respostas to “EXPOSICIÓN: TOPONIMIA GALEGA CASTELANIZADA”

  1. A Coruña Cultura » Casa Museo Casares Quiroga: “Toponimia galega castelanizada”, polo IES Puga Ramón comentou:

    [...] sobre "Toponimia galega castelanizada", organizada polo Equipo de Normalización Lingüística do IES Puga [...]

  2. Exposicíón: Toponimia Galega Castelanizada, na Casa Museo Casares Quiroga comentou:

    [...] Exposicíón: Toponimia Galega Castelanizada, na Casa Museo Casares Quiroga snlacorunha.blogaliza.org/2010/12/01/exposicion-toponimia-ga…  por doceasubio hai 2 segundos [...]

  3. | comentou:

    [...] http://snlacorunha.blogaliza.org/2010/12/01/exposicion-toponimia-galega-castelanizada/ [...]

  4. Xoán Costa comentou:

    Bonita e necesaria exposición que nos achega a un dos temas máis recorrentes no proceso de normalización lingüística. Parabéns para a Concellaría e moitos máis para a profesora Luísa Diéguez e para o Depto. de Normalización do IES Puga Ramón. Cando estamos nun proceso, que parece non ter fin, de substitución de todos os nosos sinais de identidade non está de máis lembrar as razóns e as causas que non trouxeron á situación presente.

Olark Livehelp