Xan 28
VEREDICTO DO CONCURSO DE DESEÑO DUNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA EN CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA DA CIDADE DA CORUÑA
O xurado do Concurso de deseño dunha campaña de promoción da lingua galega en centros públicos de educación primaria da cidade da Coruña, composto polos seguintes membros:
Xoán Costa Casas, presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Paula García Rumbo, profesora colaboradora da Secretaría Xeral de Política Lingüística
Avia González Beira, licenciada en Filoloxía Galega
Nuria Seoane Bouzas, técnica de normalización lingüística do Concello da Coruña,
logo de se reunir o 24 de xaneiro de 2011, acordou outorgar os seguintes premios:
- CEIP Emilia Pardo Bazán: pola campaña en torno á personaxe de Feirán: 700 euros
- CEIP San Pedro de Visma: polo deseño dunha radio escolar: 500 euros
- CEIP María Pita: pola campaña “O noso comedor”: 200 euros
Estas son algunhas das imaxes dese día:






