Abr 27
Este sábado día 30 imos inaugurar O galego medra contigo! do ano 2011 cun concerto a cargo de Pablo Díaz e a banda Tic-Tac e co noso benquerido mariñeiro irlandés Ith. Non vos podemos adiantar máis información. Só que vai ter lugar ás 12.30 h na praza das Conchiñas e que ficades tooooodas e toooodos convidados!!!
